A Garda Civil busca os responsables dun incendio intencionado en Carballo
A Garda Civil busca os responsables dun incendio intencionado que estragou a sede da Asociación de Loita contra a Droga en Carballo.
Os seus responsables non atopan unha explicación a este suceso. Levan máis de 20 anos nestas dependencias e aquí tiñan toda a documentación deste tempo.
Saben que o asaltante ou asaltantes forzaron a porta e plantaron lume ao despacho principal onde gardaban o arquivo. Agora piden a colaboración de administracións e institucións para seguir desenvolvendo os seus programas de axuda a toda a comrca de Bergantiños.
Forzaron primero a reixa do local e logo botaron abaixo a porta que dá acceso ás oficinas. Unha vez no interior buscaron por armarios e caixóns, pero o asaltante ou asaltantes non atoparon nada de valor.
A rápida actuación dos bombeiros evitou que o lume se propagase. Pero a combustión estragou por completo o despacho central da asociación onde se gardaban os arquivos de Vieiro.
A Garda Civil abriu unha investigación para dar cos responsables. Pero a principal preocupación dos directivos da entidade é a continuidade do seu labor. Piden a colaboración para seguir prestando aopio a toda a comarca de Bergantiños.