CRTVG

Buscar

Buscan un membro dos Moróns como presunto autor do tiroteo con dous feridos

Publicado o 20/05/2019 10:08

A Garda Civil busca un membro do clan dos Moróns como presunto autor do tiroteo na cerimonia de pedida de man do clan dos zamoranos. O pistoleiro entrou a cara descuberta, polo que as testemuñas afirman que se trata de Juan Paulo, irmán de Sinaí. 

Os feitos ocorreron de madrugada no multiusos de Torneiros, no Porriño, onde se celebraba unha festa de compromiso do clan dos Zamoranos. De súpeto, varias persoas irromperon a tiros no local, efectuando máis de media ducia de disparos contra o teito. O rebote das balas deixaron feridas dúas persoas: unha rapaza de quince anos, na faciana, e un mozo de dezaoito, no ombreiro e na clavícula.

A Policía Nacional custodia as portas do hospital Povisa de Vigo, onde permanece a rapaza. No mesmo centro está ingresado o pai de Sinaí Giménez, líder dos Moróns, enfrontados historicamente co clan dos zamoranos. Queren evitar calquera problema entre familias. 

A investigación continúa aberta pero polo momento non se produciron detencións.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019