CRTVG

Buscar

Atopan nunha leira próxima a anciá de Monterrei desaparecida este martes

Publicado o 09/10/2019 14:41

Estivo perdida máis de 14 horas e apareceu sa e salva. Iso si, un pouco desorientada, polo que foi preciso que os equipos de urxencias a trasladaran ata o Hospital de Verín, onde lle están a facer probas.

A muller, veciña de San Cristovo, en Monterrei, ten 85 anos. Saíu da casa sobre as oito da tarde de onte. Fora pastorear preto da vivenda, pero non chegou a volver, así que a familia avisou a Garda Civil, que comezou co dispositivo de busca. Garda Civil, Protección Civil, veciños e familia buscaron toda a noite. Esta mañá aparecía nunha leira a dous quilómetros da súa vivenda. Segundo o fillo, sofre problemas de memoria, pero nunca faltara da casa.

 

Noticias web

09/10/2019