CRTVG

Buscar

A Garda Civil aumenta os controis en Galicia tras rexistrar 400 denuncias nun ano por voar drons en espazos restrinxidos

Publicado o 28/10/2020 15:20

Rexistráronse preto de 400 denuncias nun ano en toda Galicia por voar drons e outras aeronaves en espazos restrinxidos. A Garda Civil aumenta os controis tamén polo aire.

Os equipos Pegaso son os vixilantes do aire na nosa comunidade. Funcionan catro unidades, unha por cada provincia e encárganse do control aéreo arredor dos aeroportos, aeródromos e zonas de protección especial.

Levan un ano de traballo en Galicia e queren advertir a toda a sociedade de que os drons non son un xoguete.

É necesaria unha acreditación de piloto para voar drons de xeito profesional e seguir estritamente as normas cando se usa de xeito recreativo.

Pero, ademais, boa parte do espazo aéreo de Galicia está limitado polas zonas de protección de aeródromos e aeroportos e tamén pola presenza de espazos naturais.

Unha advertencia a ter en conta agora é que se achega o tempo dos agasallos de Nadal porque as sancións poden chegar aos 4.500 euros.

Este axentes colaboran tamén con outras unidades da Garda Civil na prevención da delincuencia e na busca de persoas desaparecidas.

Noticias web

28/10/2020