CRTVG

Buscar

A Garda Civil atopa os cadáveres dos dous irmáns desparecidos en Badaxoz

Publicado o 07/05/2021 12:41
A Garda Civil atopa os cadáveres dos dous irmáns desparecidos en Badaxoz

A Garda Civil atopu os dous cadáveres dos irmáns de Maimona (Badaxoz), na vivenda que ambos compartían cun terceiro irmán que xa foi detido por este dobre fratricidio, segundo informaron fontes do Instituto Armado.

A Benemérita abrira unha investigación pola desaparición destes dous homes, de 64 e 68 anos, cuxos corpos presentan sinais de violencia. Foi durante un rexistro onde atoparon os dous cadáveres. 

O arrestado está en dependencias policiais, á espera de pasar a disposición xudicial en Zafra como presunto autor das dúas mortes.  

Foi a directora do centro de día quen alertou de que estes dous homes levaban días sen acudir. Os axentes acudiron ata o domicilio e alí foron recibidos con ameazas. Non permitiu o acceso ao interior e foi detido.

A investigación continúa, á espera dos resultados da autopsia para poder esclarecer o acontecido.