CRTVG

Buscar

A Garda Civil asume a investigación da desaparición de Yago de la Puente Agulló tras o festival de Ortigueira

Publicado o 19/07/2019 14:39

Este é Yago de la Puente Agulló, o mozo de 28 anos que desapareceu o pasado 14 de xullo en Ortigueira. Dous días antes acudira alí, canda un amigo, ao Festival Internacional de Música Celta e estaban acampados na zona de Morouzos. Pero o domingo, contra as doce do mediodía, comentoulle que xa estaba aburrido e que non quería seguir alí. O amigo insistiulle para que agardase ata a tarde e así marchar xuntos como tiñan planeado, pero non logrou convencelo e deulle os 20 euros que lle pedira Yago. El estaba sen cartos e tamén sen móbil.

Dáse a circunstancia de que o mozo é sobriño de Jaime Agulló, que fora xogador do Deportivo e o club aproveitou as súas redes sociais para mandar unha mensaxe pedindo a colaboración cidadá. Segundo se recolle na alerta, mide 1,89, é de complexión grosa, pelo negro, ollos verdes e ten varias tatuaxes nas pernas e nos brazos.

A Garda Civil é quen se encarga agora de investigar a súa desaparición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019