A Garda Civil abre dilixencias por condución temeraria contra os protagonistas dun vídeo viral
Publicado o 04/03/2021 17:30
A Garda Civil abriu dilixencias contra os tres protagonistas dun vídeo difundido a través das redes sociais por un delito de condución temeraria con risco para a seguridade viaria.
A Comandancia das Palmas subliña nun comunicado que os feitos tiveron lugar o pasado 13 de febreiro na estrada que une as localidades de Tenesar e Tinajo, en Lanzarote.
Nas imaxes, gravadas dende outro vehículo, pode verse un home subido ao teito dunha furgoneta, que salta e baila durante uns segundos. Ao memos tempo, outro home circula en monopatín a remolque, agarrado á fiestra do condutor e facendo desprazamentos laterais.
A Garda Civil explica que tivo coñecemento dos feitos pola ampla repercusión que alcanzou o vídeo nas redes sociais.