CRTVG

Buscar

A galega Tere Abelleira, convocada pola selección española

Publicado o 02/09/2020 16:19

• Tamén foi seleccionada a deportivista Peke

O día de hoxe xa é inesquecible para Tere Abelleira. Foi fichar polo R. Madrid, co que aínda non debutou, e Abelleira recibiu a chamada da selección española. 

O seleccionador Jorge Vilda citou a Tere Abelleira para o partido que a selección española vai xogar o 19 de setembro ante Moldavia. Con só 20 anos, Tere Abelleira pode ver cumprido o soño de ser internacional. Máis de dous levaba a selección sen contar cunha xogadora galega.

Na lista para este partido tamén está Peke, a dianteira do Deportivo Abanca.

 

Noticias web

02/09/2020