CRTVG

Buscar

A galega Ángela Rodríguez, nova secretaria de Estado de Igualdade

Publicado o 30/09/2021 20:57
A galega Ángela Rodríguez, nova secretaria de Estado de Igualdade

A galega Ángela Rodríguez será a nova secretaria de Estado de Igualdade. Substitúe no cargo a Noelia Vera, que abandona a política activa por motivos persoais.

Rodríguez foi deputada por En Marea no Congreso na dúas anteriores lexislaturas. É secretaria de Dereitos LGTBI de Podemos e traballaba como asesora no ministerio que dirixe Irene Montero.

Noticias web

30/09/2021