CRTVG

Buscar

A galega Melania Freire gaña o premio Mercedes-Benz Fashion Talent 2019

Publicado o 24/01/2019 20:24

A galega Melania Freire gañou esta tarde o premio Mercedes-Benz Fashion Talent 2019. O proxecto foi un dos sete seleccionados para desfilar nesta plataforma para novos talentos. Graduada en Belas Artes e en Deseño de Moda, Melania mesturou ambas disciplinas na súa colección creando pezas cheas de maxia que parecen cadros con vida propia. A idea xurdiu como unha homenaxe ao artista británico David Hockney, considerado un dos nomes de referencia do pop art, e a colección constitúe o seu traballo de fin de estudos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2019