CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A galega María Begoña Vila Costas é unha das principais responsables do novo telescopio espacial James Webb

Publicado o 06/01/2018 13:17
No verán de 2019 lanzarase ao espazo o novo telescopio espacial James Webb que substituirá o Hubble. Tecnoloxía punteira e moitas esperanzas postas nos achados deste gran telescopio internacional. Alí, en Washington, no Centro de Voo Espacial Goddard da NASA, unha galega é a encargada dos instrumentos dese gran telescopio, e enxeñeira principal de sistemas do Centro Goddard. María Begoña Vila Costas.