CRTVG

Buscar

A galega IM Future, mellor provedora de servizos enerxéticos de Iberdrola

Publicado o 06/11/2018 18:54

O vento leva 20 anos movendo esta empresa especializada na instalación e mantemento de parques eólicos. Foron pioneiros no aproveitamento desta enerxía en Galicia e foron exportando os seus servizos ata se converter en todo un referente para o sector. Polo menos para Iberdrola, o xigante das renovables, que os distinguiu como os mellores provedores de servizos enerxéticos do mundo.

Din aquí que o segredo está na experiencia e no capital humano da empresa. Un cento de traballadores especializados en enxeñería eólica que ofrecen solucións desde Santa Comba para o mundo. A evolución dos aeroxeradores, cada vez máis eficientes e rendibles, e a urxencia de alternativas para conter o cambio climático fanlles pensar que os ventos seguirán soprando favorables no futuro máis próximo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2018