A galega Greenalia dá o salto aos Estados Unidos coa compra dunha sociedade de renovables
Publicado o 22/07/2021 15:19

E a compañía galega de renovables Greenalia dá o salto ao mercado estadounidense. Acaba de comprar unha sociedade de xeración de enerxía renovable, e prevé iniciar o próximo ano a construción dunha solar fotovoltaica en Texas.
Con esta operación, que supón un investimento de 450 millóns de euros, a compañía coruñesa amplía a súa diversificación a cinco tecnoloxías diferentes.