CRTVG

Buscar

A galega Coolstripe recibe o premio á Mellor Colección de Moda Sostible 2021 na Fashion Week Madrid

Publicado o 12/03/2021 20:06

Judit amósanos algunhas das pezas da próxima colección de verán da súa marca de moda sostible Coolstripe.

No taller o proceso desde o deseño ata a confección pasando polos tecidos e materiais, están sometidos a controis específicos de calidade de economía circular e sostibilidade.

En plena pandemia sacou a súa primeira colección. Nela mestura trazos da cultura xaponesa e escandinava en pezas de punto e fibras naturais.

O xurado da Circular Sustainable Fashion Week de Madrid, celebrada o pasado mes de febreiro, recoñeceu este traballo como a Mellor Colección de Moda Sostible de 2021.

Un premio que Judit dedica tamén aos seus colaboradores cos que comparte a idea de vivir a moda de xeito responsable.

Noticias web

12/03/2021