CRTVG

Buscar

A gala dos Premios D.O Ribeiro premia os programas 'Labranza' e 'O agro', da TVG

Publicado o 18/06/2019 21:35

O mosteiro de San Clodio, en Leiro, acolle neste momento a oitava gala dos premios do Ribeiro. Xunto cos mellores viños brancos e tintos de adega e colleiteiro, restauradores e tendas, foron distinguidos os programas Labranza e O agro, da Televisión de Galicia, polo seu labor de divulgación e información de todo o relacionado co sector vitivinícola e con esta e as demais denominacións de orixe galegas. Houbo premios de honra tamén para Paradores, a enóloga Isabel Mijares e o adegueiro Emilio Rojo.

 

 

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019