CRTVG

Buscar

Cristina Pato ocupará a cátedra de Cultura Española da Universidade de Nova York

Publicado o 04/06/2019 19:55

A gaiteira, pianista e docente galega Cristina Pato vai ocupar o vindeiro ano a cátedra Xoán Carlos I de Cultura e Civilización Española da Universidade de Nova York. Pato é a primeira música que ocupa esta cátedra, á fronte da que estiveron escritores como Juan Goytisolo, Francisco Ayala ou Antonio Muñoz Molina. A ourensá vai impartir clases sobre as músicas invisibles no norte de España e tamén dará conferencias sobre temas como a música  e a neurociencia.

A ourensá Cristina Pato, gaiteira, pianista e docente é a primeira músico que ocupará a cátedra de Cultura e Civilización española na Universidade de Nova York. Un orgullo, di, porque a impartiron escritores como Juan Goytisolo, Francisco Ayala ou Antonio Muñoz Molina.

Como docente dará charlas e conferencias en que conecta as artes con departamentos como a neurociencia, a memoria cultural ou a situación das linguas en España. E para as aulas creou a clase sobre as músicas invisibles no norte de España.

Centrada no seu traballo académico e como emigrante e inmigrante nos Estados Unidos dende hai 16 anos, este verán impartirá tamén un curso na Universidade de California sobre memoria e migración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019