CRTVG

Buscar

A G2 transmite este sábado a visita do Antequera á pista do Parrulo

Publicado o 25/01/2019 20:02

Fútbol sala. Mañá xoga o Parrulo na Malata ás sete da tarde. Recibe o Antequera, pechacancelas da clasificación. Partido clave para os ferroláns, que apuran a chegada do pivote brasileiro Moreno. Poderán seguir o encontro en directo a través da G2.

Diego Ríos. adestrador do Parrulo Ferrol F. S. "É a vantaxe que temos na segunda volta, recibir na nosa pista os rivais máis directos. Este é o primeiro partido". 

Illi, O Parrulo Ferrrol F.S: "É un partido moi importante. Se gañamos, distanciamos ao rival a dez puntos. Eles van vir con máis presión ca nós. Nós estamos, de momento, fóra dos postos de descenso. Iso é o que queremos, salvarnos".

Noticias web

25/01/2019