CRTVG

Buscar

A futura lei de impulso demográfico prevé ampliar o horario das garderías públicas

Publicado o 03/07/2019 14:09

O anteproxecto da lei de impulso demográfico sométese a información pública para o envío de suxestións durante un prazo de quince días. Xa avanzaran algunhas medidas, pero a súa publicación permite coñecer polo miúdo as iniciativas previstas. Unha delas é promover unha dotación suficiente de prazas e unha ampliación do horario nas garderías públicas.

Fabiola García, conselleira de Política Social: "Co obxectivo de que os pais e as nais poidan traballar e conten cun recurso de conciliación cun horario máis amplo".

A norma quere garantir servizos básicos. Como facilitar descontos no transporte para familias numerosas, con bonos nas peaxes autonómicas. Tamén pretende que os edicifios de uso público con aparcamento conten con prazas para familias con nenos.

Fabiola García, conselleira de Política Social: "Todos os que somos nais ou pais, cando imos a un centro comercial, por exemplo, atopamos a dificultade de que non somos quen de sacar o carriño do bebé ou que temos que aparcar o coche lonxe... Nós queremos que Galicia sexa cada vez máis acolledora para todas as familias"

Outra das medidas deste anteproxecto de lei, que esperan remitir ao Parlamento en outubro, vai dirixida aos empregados do sector público autonómico. Poderán pedir flexibilidade horaria ata que os seus fillos fagan 16 anos.

Noticias web

03/07/2019