CRTVG

Buscar

A futura lei de benestar animal determinará a perigosidade dun can polo seu comportamento e non pola raza

Publicado o 07/04/2021 20:35

En tres décadas de actividade profesional, este adestrador canino, pioneiro en Galicia, mudou o comportamento perigoso dun milleiro de animais, case todos das chamadas razas inofensivas.

O sector apoia a futura lei de benestar animal se, como parece pola documentación de que dispoñen, a potencial perigosidade dun can se estableza de acordo co seu comportamento e non segundo a raza. Sen estigma de orixe, os exemplares que precisen algunha tutela particular deberán ser adestrados por profesionais debidamente acreditados.

O borrador, que está en trámite de información pública, prevé unificar as 17 normativas autonómicas, así como os rexistros de mascotas. A nova norma tamén propón elevar as multas por maltrato e que as persoas con condenas por este motivo non poidan rexistrar ningún animal ao seu nome.

O Goberno podería presentar o anteproxeto de lei o vindeiro mes de maio.

Noticias web

07/04/2021