CRTVG

Buscar

A futbolista Vero Boquete abandeira a loita pola igualdade no deporte

Publicado o 07/03/2017 14:00

Desde os inicios da súa carreira, a futbolista compostelá padeceu o machismo e os prexuízos empregados para desprestixiar o fútbol feminino

Se alguén abandeira a loita pola igualdade no mundo do deporte é Vero Boquete. Desde os inicios da súa carreira, a futbolista compostelá padeceu o machismo e non só por parte dos homes. Desde a autoridade que lle dá ser unha das mellores xogadoras do mundo, Vero pide que se valoren as deportistas polo seu esforzo igual cós homes e denuncia prexuízos e esteoreotipos empregados habitualmente para desprestixiar o fútbol feminino. 

Vero Boquete milita hoxe no prestixioso club francés do Paris Saint Germain. Cunha axenda ateigada polos compromisos profesionais, Vero aténdenos camiño da concentración da selección nas Rozas para contarnos canto lle custou chegar onde está. Alcanzar o cumio do recoñecemento mundial á súa valía foi unha auténtica proba de obstáculos, desde o principio da súa carreira. 

"Os peores comentarios foron de mulleres". "A unha deportista pregúntaselle se ten mozo. A Nadal ou Gasol, non".

Desde 2015, é a embaixadora da UEFA para difundir polo mundo a igualdade no deporte. 

"Viaxamos a países onde custa un pouquiño máis e servir de referencia a esas nenas. Que vexan que hai opcións de futuro".

A Escola Vero Boquete promove a igualdade entre os máis pequenos. 

"Que os nenos teñan referencias, que o vexan normal e sexan adultos máis igualitarios."

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2017