CRTVG

Buscar

A Fundación Otero Pedrayo outórgalle o Premio Trasalba 2020 ao escultor Manolo Buciños

Publicado o 15/05/2020 23:16
A Fundación Otero Pedrayo outórgalle o Premio Trasalba 2020 ao escultor Manolo Buciños

A Comisión Executiva da Fundación Otero Pedrayo acordou, nunha xuntanza telemática tida hoxe, outrogarlle o Premio Trasalba 2020 ao escultor lucense Manuel García Vázquez, 'Manolo Buciños'.

Manolo 'Buciños', asumiu da súa aldea natal (1938) o seu nome artístico. Ourensán de adopción desde hai décadas, pertenceu ao grupo de artistas que frecuentaron o trato de Otero Pedrayo e Vicente Risco: 'os artistiñas', e que incluía a Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Xavier Pousa e Arturo Baltar.

Os bronces deste escultor galego de referencia son de variado formato e adornan multitude de coleccións e espazos públicos de Galicia e fóra dela

Se as situación sanitaria o permite, a entrega do premio producirase nunha data a concretar ao redor do mes de novembro.