CRTVG

Buscar

A Fundación ONCE do Can Guía cumpre 30 anos

Publicado o 25/09/2020 20:12

Nestes momentos son máis de mil os cans guía que percorren as nosas rúas. En Galicia hai máis de 40.

O seu adestramento convérteos no mellor acompañante para unha persoa cega. Están preparados para evitar obstáculos, achegarse a outros cans e os seus donos, evitar que a persoa cega pise unha poza, avisar de que hai coches nun cruzamento ou previr o seu dono de que hai escaleiras.

Saben buscar pasos de peóns, entradas e saídas nos establecementos e incluso localizar paradas de autobús.
E chegan aquí despois de anos de agarimo e moita aprendizaxe.

Grazas aos cans guía, a inclusión das persoas cegas ou con discapacidade visual é unha realidade.

Permítelles moverse con independencia, ter un traballo e contar cun amigo sempre fiel. A Fundación Once Can Guía conta con familias educadoras que coidan os cans antes de que comecen a súa formación. E cun centro de adestramento de máis de 110.000 metros cadrados en Madrid.

Todo un labor que se financia a través dos produtos de xogo da ONCE.


 

Noticias web

25/09/2020