CRTVG

Buscar

A Fundación Galega Contra o Narcotráfico entrega os Premios Nécora 2019

Publicado o 29/03/2019 22:14

A Fundación Galega contra o Narcotráfico conmemora 25 anos de loita contra as drogas e faino entregando os Premios Nécora no Auditorio de Vilagarcía. Á Unidade Asistencial de Drogodependencias de Ribeira recoñécenlle o traballo en asistencia e prevención. Ao servizo de Vixilancia Aduaneira de Galicia, a loita contra o narcotráfico nas nosas costas. A Marcelo de Azcárraga Urteaga, os seus anos como fiscal Antidroga da Provincia de Pontevedra. E a Vítor Méndez, traballos periodísticos e o libro: 'Narcogallegos'.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019