CRTVG

Buscar

Bos días

A Fundación España celebrou este xoves o IV Encontro de Mozos Españois e Descendentes en Bos Aires

Publicado o 20/04/2018 09:40

A Fundación España celebrou este xoves o IV Encontro de Mozos Españois e Descendentes en Bos Aires para impulsar o intercambio de experiencias e perspectivas sobre o emprego na Arxentina e facilitar o acceso a novas oportunidades.

Profesionais españois de diferentes sectores que traballan aquí na Arxentina compartiron durante este encontro da Fundación España as súas experiencias con mozos desempregados para que poidan nutrirse delas e potenciar a súa integración no mundo laboral e incluso favorecer o xurdimento de colaboracións.
A iniciativa pretende favorecer a creación de redes de contacto entre a comunidade española do país suramericano.

Carola Marnotes Coronel, oradora do encontro: "Máis que nada, coñecer xente e conexións, sobre todo que é o que se trata nestes eventos e tamén ver que case todos os os rapaces están máis ou menos nas mesmas problemáticas".

Os organizadores convidaron a apoiarse nas propias estruturas que xa ten en funcionamento a colectividade española, cuxos centros rexionais foron historicamente puntos de creación de proxectos entre compatriotas.

José Luis Mira Lema, conselleiro de Emprego e Seguridade Social da embaixada de España na Arxentina: "Traballar máis cos novos para que se incorporen máis ás institucións, ás asociacións e aos centros da colectividade e que se sintan orgullosos dese traballo que fixeron os seus avós, bisavós e pais, e que lles dean continuidade".

O debate deixou clara a necesidade de saír da zona de confort e ter unha actitude activa fronte aos retos e as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior da Xunta para cursar un máster nunha universidade galega foi unha das propostas que máis interese espertou entre os asistentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

20/04/2018