CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

A Fundación Cela renovou o museo dedicado ao Nobel galego

Publicado o 26/03/2018 17:21

A Fundación pública Camilo José Cela acaba de renovar o Museo de Iria Flavia dedicado á vida e á obra do Nobel galego. No percorrido polas diferentes salas pódese seguir o relato cronolóxico dos feitos vitais e literarios máis importantes da vida de Cela, desde a sua infancia en Iria Flavia ata a concesión do Nobel. Ao museo incorporáronse tamén os fondos do museo do ferrocarril dedicado a John Trulock, o avó de Cela.

Zigzag Diario

26/03/2018