A Fundación Anar propón asinar un contrato cos fillos para o uso do móbil
Publicado o 11/01/2019 15:42
Estes son xoguetes. E isto é un teléfono móbil. Un regalo que cada vez facemos aos nosos fillos con menos idade, o 70% dos nenos entre 10 e 15 anos xa o ten, e para nada é un xoguete. É unha ferramenta sa e útil, pero que hai que sabela usar.
Para ese uso correcto, a Fundación Anar proponlles aos pais que asinen un contrato cos fillos con pautas básicas para previr sobre os perigos dunha utilización abusiva ou desinformada.
Un contrato que pode regular horarios de uso, a responsabilidade de preservar a intimidade, non levalo ao colexio ou a obriga de alertar os pais sobre calquera problema relacionado co uso.