CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Fundación Amigó ofrece os seus servizos gratuítos en Vigo contra a violencia filioparental

Publicado o 12/02/2018 14:55

Segundo o último informe publicado pola Fiscalía, en 2016, 242 familias galegas denunciaron os seus fillos por violencia contra os pais. Despois dun ano traballando con medio cento de usuarios na Coruña, a Fundación Amigó ofrece en Vigo este recurso gratuíto a colexios e familias. O obxectivo é que os conflitos non acaben nos xulgados.

Das 160 denuncias en 2014 ás 242 do ano 16, a violencia de fillos a pais xa é un problema en Galicia.

Logo de abrir unha sede na Coruña o ano pasado, os servizos de prevención e de mediación da Fundación Amigó chegan a Vigo para atender estes casos de violencia instrumental, exercida para conseguir uns fins e motivada, sobre todo, por causas sociais.

A Fundación Amigó traballa no eido da violencia filioparental desde 2005 e conta co apoio económico do Fondo Social Europeo e da Xunta de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí