CRTVG

Buscar

A frota galega, pendente da decisión de Namibia sobre a nova repartición de cotas

Publicado o 05/03/2019 16:32

As empresas galegas de transformación pesqueira afrontan con tranquilidade a nova repartición de cotas no ámbito internacional no caladoiro de Namibia. Levan moitos anos no país africano, onde se senten integradas, e salientan a creación de miles de postos de traballo.

Polo momento, hai que esperar a que se coñeza o ditame. O que si se sabe é que o Goberno de Namibia recibiu máis de 5.000 solicitudes para este ano fronte ás 2.000 de anos anteriores. A decisión afecta máis de corenta buques de capital galego que están moi pendentes da repartición das cotas, sobre todo de pescada, xurelo e peixe sapo. O ministro de Pesca do país africano asegurou que se concederán arredor de 120 dereitos de pesca. 

O Ministerio de Pesca de Namibia confirma máis de cinco mil solicitudes fronte ás dúas mil empresas que se postularon en anos anteriores. A frota en Galicia permanece moi pendente da decisión que se coñecerá nas próximas semanas e que afecta a pesca de pescada, peixe sapo e xurelo.

Noticias web

05/03/2019