CRTVG

Buscar

A frota do xeito considera inviable traballar cunha cota de 62 toneladas

Publicado o 17/04/2019 16:42

A frota do xeito quéixase da cota da que dispoñen para poder pescar a sardiña. Das 10.300 toneladas de sardiña propostas para España e Portugal, á frota do xeito, que é a máis artesanal, correspóndenlle tan só 62. Esta cantidade é a metade da que dispoñían o ano pasado. Por iso, o xeito, que é a única que leva pescando sardiña dende xaneiro, considera a cota inviable para que a súa actividade sexa rendible. Agora sopesan deixar de pescar ata xuño para non rematar o cupo antes de que comece a temporada forte da sardiña. Tamén a frota do cerco considera insuficiente o tope fixado pola Comisión Europea, que, lembremos, nun principio propoñía unha veda total á especie, seguindo os consellos dos científicos do ICES, o Consello Internacional para a Exploración do Mar.

Dende Galicia, a Consellería entende as reivindicacións dos pescadores do xeito e cre que é posible un aumento da cota a niveis do ano pasado sen que a sardiña corra perigo.



 

Noticias web

17/04/2019