CRTVG

Buscar

A frota do cerco esgota en dous meses a cota de sardiña en plena temporada alta

Publicado o 11/07/2018 21:06

No que queda de xullo será moi difícil conseguir sardiña galega no mercado. O Ministerio de Pesca comunicoulle ao sector do cerco que esgotou a cota que tiña asignada. Hai dous meses que comezaran a pescala. O sector di que no mar hai sardiña en abundancia e confían en que os informes científicos lles permitan retomar a pesqueira en agosto.

Onte esgotáronse as 1.429 toneladas de sardiña que podía pescar a frota do cerco no Cantábrico Noroeste. O novo plan de xestión, co que se logrou evitar a veda total que propoñía Bruxelas, supón unha redución das capturas do 14%. A parada chega en tempada alta e cando os prezos empezaban a coller forza.

Andrés García, voceiro da Asociación de Armadores do Cerco.

O sector asegura que a especie está recuperada e non hai razón para máis restricións. 

Andrés García, voceiro da Asociación de Armadores do Cerco.

Agora agardan que o informe dos científicos de CIEM sexa favorable e que se reabra a pesqueira en agosto. Iso permitiríalles capturar outras 1.400 toneladas máis ata o mes de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018