CRTVG

Buscar

A frota artesanal galega volve pedir na Eurocámara acabar coa prohibición dos descartes

Publicado o 23/01/2019 21:41

A frota artesanal galega leva ata o Parlamento Europeo a súa preocupación pola pouca atención que, en palabras do presidente da Federeción de Confrarías de Pescadores de Galicia, lles prestan desde Bruxelas. Os barcos artesanais galegos piden quedar fóra da obrigatoriedade de desembarcar todas as capturas. Prohibir os descartes, dicía Pérez Sieira na Eurocámara, pode supoñer unhas perdas de ata sesenta millóns de euros por ano para a frota de artes menores de Galicia. Os barcos de artes menores seguen pedindo tamén quedar fóra do sistema actual de repartición de cuotas e capturas da Unión Europea.

Ademáis, na Eurocámara acaba de darse un paso importante no acordo pesqueiro con Marrocos. A falta de que o pleno do Parlamento Europeo ratifique o pacto pesqueiro polo que un cento de embarcacións españolas, seis galegas, poden faenar en augas de Marrocos e o Sáhara Occidental, a Comisión de Pesca deu luz verde, con dezasete votos a favor e sete en contra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2019