CRTVG

Buscar

A Franqueira, totalmente cambiada pola pandemia

Publicado o 01/06/2020 16:08

Esta imaxe de máis de 8.000 persoas de 70 parroquias da comarca da Paradanta no atrio do
alto da Franqueira non poderá repetirse este ano. O coronavirus déixanos esta estampa inédita e dolorosa para moitos. A romaría das Pauscuiñas, que soe ser un auténtico derroche de devoción fervor relixioso suspendeuse por motivos de seguridade. Aínda así houbo quen decidiu ir en romaxe para renderlle culto á Virxe da Franqueira. No acceso á igrexa, todas as medidas de seguridade e non interior as distancias axeitadas.

Dende a parroquia da Nosa Señora da Franqueira son conscientes da gravidade da situación polo que convidan os fregreses a vivir a celebración dende os fogares.

Romeiros e peregrinos terán que agardar ata o vindeiro ano para poder volver vivir escenas comas estas e sentir de preto a emovión da Romaría das Pascuiñas, Festa de Interese Turístico de Galicia.

Noticias web

01/06/2020