CRTVG

Buscar

A fragata Méndez Núñez volve a Ferrol por dous positivos de covid-19

Publicado o 27/01/2021 19:57
A fragata Méndez Núñez volve a Ferrol por dous positivos de covid-19

O Ministerio de Defensa anunciou o retorno da fragata Méndez Núñez á súa base do Arsenal Militar de Ferrol tras a detección de dous positivos por covid-19 na súa dotación.

Nun comunicado sinalaron que os casos rexistrados detectáronse grazas aos tests que realizan entre os compoñentes da expedición. Destacaron que se procedeu ao desembarco, illamento e seguimento médico.

O barco atopábase na base naval de Rota, Cádiz, realizando exercicios previos á súa integración nunha agrupación naval da OTAN.