CRTVG

Buscar

A foto dos Beatles en Abbey Road fai 50 anos

Publicado o 08/08/2019 21:57

Aquel 8 de agosto de 1969, ás portas do estudio de gravación, catro músicos cruzaron. Cruzaron só catro veces. Fixéronse só seis tomas. Foron só dez minutos. Así de simple foi o parto dunha das portadas de disco máis famosas do mundo.

E tamén máis imitadas. O propio Paul McCartney, máis de vinte anos despois daquela icónica foto, fixo unha parodia na portada dun disco seu en concerto. Pariodaba as desavinzas dos Beatles naqueles días.

Parodiaba tamén as conspiracións que repetían que Paul xa estaba morto aquel día de Abbey Road, que por iso era o único dos catro descalzo, por iso o único co cigarro na man, o único co paso cambiado. Mesmo houbo quen viu a data da súa morte na matrícula do coche branco aparcado, que hoxe, por certo, é peza de museo. Algo ten a foto, si. Algo na maneira en que se moven.

Algo que atrae como case ningunha outra foto tantísimos amantes da música dun cuarteto que daquela estaba xa case desfeito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019