CRTVG

Buscar

A forza do vento causa estragos nunha zona de Vilagarcía

Publicado o 10/04/2019 13:37

Os veciños do lugar dos Martices, en Vilagarcía, aínda se están a recuperar do susto que levaron o luns pola noite. Contan que un tornado pasou entre as casas e causou varios desperfectos, tumbando tamén un carballo centenario de grandes dimensións, que quedou atravesado na estrada a poucos metros das vivendas e orixinou danos no tendido telefónico.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias e de Protección Civil, que traballaron durante horas para restablecer o tráfico e limpar a zona.

Afortunadamente, non hai que lamentar feridos, pero si cuantiosos danos económicos.

No momento do suceso, a zona atopábase en alerta amarela por precipitacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019