CRTVG

Buscar

A formación de Pachi Vázquez, Espazo Común, repetirá coalición con Recortes Cero e Os Verdes

Publicado o 26/05/2020 19:57
A formación de Pachi Vázquez, Espazo Común, repetirá coalición con Recortes Cero e Os Verdes

Espazo Común, a formación impulsada polo que fora secretario xeral do PSdeG Manuel 'Pachi' Vázquez, repetirá coalición con Recortes Cero e Os Verdes con vistas ás próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo.   

Prevén presentar candidaturas polas catro provincias galegas para as próximas eleccións ao Parlamento de Galicia. Ademais, nun comunicado remitido aos medios, a coalición lembra que tres días antes do estado de alarma reclamou a suspensión dos comicios e esixiu que todas as decisións que se tomasen tivesen como criterio fundamental "a saúde e a vida das persoas" e "ningún outro criterio".   

Ao mesmo tempo, a coalición que encabezan Pastora Fernández e Francisco Fraga lembra que pediu que a suspensión electoral non abrise un "período amplo en que un pequeno número de forzas monopolizasen a atención coa súa presenza nos medios públicos e privados".   

Así mesmo, rexeita que non se convocase a consultas todas as forzas presentes na campaña para abordar a nova data das eleccións e asegura que non concibe unha campaña sen un trato igualitario e democrático, que atenda as condicións de urxencia sanitaria en que se celebran.