CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Fonsagrada e Guitiriz, con problemas para circular

Publicado o 07/02/2018 14:36

Mañá complicada en moitos puntos da rede viaria galega. Dentro duns minutos repasamos con calma punto a punto aqueles lugares onde a neve causou máis complicacións, especialmente na provincia de Lugo, pero tamén nos límites entre esta provincia e a da Coruña.

Imos en directo á Fonsagrada, onde neva sobre nevado. De feito, o noso equipo tivo moitos problemas para acceder á zona. A neve acumulada supera os 30 cm.

Moitas complicacións esta mañá na A-6, entre Guitiriz e Coirós, no límite entre as provincias da Coruña e Lugo, onde unha morea de vehículos quedaron atascados. De feito, segue prohibida a circulación para camións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí