CRTVG

Buscar

A folga no aeroporto do Prat segue sen ter incidencia para os pasaxeiros

Publicado o 11/08/2019 15:57

No aeroporto do Prat, en Barcelona, a terceira xornada de folga indefinida do persoal dos controis de seguridade comezou sen incidencias.

Segundo Aena, o tempo de espera para pasar os filtros de seguridade está a ser de entre 10 e 15 minutos, dentro do habitual nunha fin de semana de agosto. Durante este domingo está previsto quepasen polo aeroporto uns 180 mil pasaxeiros.

O comité de folga dos traballadores de Trablisa estuda a posibilidade de facer unha folga de celo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019