CRTVG

Buscar

A folga en Renfe do 14 e o 15 de agosto afecta uns 32 trens en Galicia

Publicado o 12/08/2019 12:23
A folga en Renfe do 14 e o 15  de agosto afecta uns 32 trens en Galicia

A folga concocada polo sindicato SFF-CGT en Renfe para o 14 e 15 de agoso deixará 32 trens sen circular por Galicia.

Así o advirte a organización sindical nun comunicado no que enumera os 20 trens suprimdos en Galicia, outros 10 de longo percorrido incluido con Madrid e Oporto o 14 de agosto e outos 20 convois na mañá do 15 de agosto.

CGT indica que remitiu unha carta ao Ministerio de Fomento, solicitando a súa intervención nese conflito laboral alegando que pide un "aumento do nivel de contratación" do operador público ferroviario.

Subliña que "a falta de cadro de persoal existente está repercutindo negativamente no servizo que Renfe está obrigado a prestar á cidadanía".

Engade que o ano pasado máis dun cento de trens en Galicia "foron substituidos por autobuses por non ter maquinistas para conducilos, ocasionando serios trastornos aos viaxeiros".

Ademais, asegura que "máis de 5.200 trens de media distancia de Galicia circularon en 2018 sen persoal de intervención a bordo que atendese e informase aos viaxeiros" e apunta que "este ano mantense a tendencia con case 2.500 trens no primeiro semestre".

Tamén reprocha a política de Renfe de reducir persoal e os horarios de venda anticipada de billetas nalgunhas estacións, nas que se incorporaron máquinas para estas transaccións.

Por iso, SFF-CGT indica que se non hai acordo coa dirección de Renfe ou co Ministerio de Fomento, a folga podería reanundarse posteriormente o 30 de agosto e o 1 de setembro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí