CRTVG

Buscar

A folga dos vixilantes dos controis de acceso no aeroporto do Prat podería afectar hoxe uns 185.000 pasaxeiros

Publicado o 09/08/2019 13:13

Na terminal dúas do aeroporto de El Prat foi onde se rexistraron certas aglomeracións nos controis de seguridade, xerándose por momentos esperas duns corenta minutos. Os pasaxeiros seguiron as recomendacións de AENA de chegar con máis antelación do habitual por mor da folga.

Os traballadores encargados dos controis de seguridade do aeroporto pídenlle á empresa concesionaria do servizo, Tablisa, entroutras demandas, melloras económicas, aparcadoiro de balde, máis persoal e formación... O comité acusa a empresa de vulnerar o dereito á folga e critica a alta porcentaxe de servizos mínimos, do noventa por cento.

Tablisa, que xestiona este labor do aeroporto dende xuño de 2018, incide en que a xornada transcorre con normalidade e insiste en que esta folga non se debía convocar.

Agárdase que pasen polo aeroporto de Barcelona uns 185.000 pasaxeiros este venres, e outros 340.000 entre sábado e domingo.

Noticias web

09/08/2019