CRTVG

Buscar

Portugal mobiliza o exército para evitar desabastecer de combustible o país

Publicado o 13/08/2019 09:36

Segundo o Goberno portugués, no primeiro día de folga houbo que pechar máis de 500 gasolineras que quedaron sen combustible, o 17 por cento das que hai no país. O executivo estableceu unha rede de posto de abastecemento de urxencia para que os profesionais públicos, bombeiros, policía, ambulancias, poidan acudir de forma prioritaria. O resto de cidadáns só poderán repostar 25 litros por día.

De aí que moitos crucen a fronteira e se acheguen a Galicia para encher o depósito.

"Hai moita xente que está prevenida e con medo a que haxa desabastecemento", "en Viana do Castelo xa hai moitas que non teñen combustible", "hai un pánico xeralizado", "esto afecta moito, pero eu non estou nin en contra nin a favor", "pero aquí no norte non hai problema, porque os portugueses e os galegos entendémonos como irmáns"

Con todo, polo momento non hai colapsos, e a situación non sae moito do normal.

"A maior parte da xente ven buscar o combustible aquí a España, que é máis barato", "vivo cerca, así que veño aquí buscar gas e gasóleo".

O Goberno luso mobilizou a militares e axentes de seguridade para transportar combustibles, ao constatar que houbo incumprimento dos servizos mínimos na primeira xornada de folga. Un consello de ministros extraordinario decidirá nas próximas horas se se intervén o paro, para evitar o casos que viviu Portugal en abril, na anterior folga de transportistas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019