CRTVG

Buscar

A folga do persoal de terra de Iberia cancela 135 voos no Prat, dous deles en Alvedro

Publicado o 27/07/2019 20:42

Moitos pasaxeiros non estaban informados de que había folga do persoal de terra de Iberia de no Prat. Os máis despistados, os estranxeiros, que se enteraron de que non podía voar ao chegar o aeroporto.

"Non o esperabamos. Vimos da Arxentina onde estes problemas son máis frecuentes e un cre que deste lado do mundo non pasa", explica un pasaxeiro "Iamos a París e cando xa fixeramos os trámites para embarcar dixéronos que estaba cancelado", di outra. Unha muller laiase de que non lle ofrecen voo ata o día 30 e perde as hospedaxes e paquetes turisticos que tiñan pagadas.

O sistema de operación en cadea de voos fixo que a situación empeorara e afectara máis aeroportos co paso das horas.

"O avión só vai poder saír do aeroporto de orixe se ten un slot de entrada no aeroporto. Se hai unha cadea de atrasos que faga que eses slots sexan máis dificiles de cumprir prevemos máis atrasos"., explica o presidente do comité de empresa de Iberia.

Iberia fala dunha folga desproporcionada cun seguimento do 15% que os sindicatos elevan ao 80%. Denuncian sobrecarga de traballo e maior porcentaxe de eventuais ca noutros aeroportos. Cumprense os servizos mínimos decretados por Fomento que garante todos os voos coas illas, o 50% dos internacionais e o 30% dos peninsulares.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/07/2019