CRTVG

Buscar

Desconvocada a folga do combustible en Portugal

Publicado o 18/04/2019 17:41

A folga que puxo en alerta por crise enérxetica en Portugal foi desconvocada. Máis da metade das gasolineiras do páis están aínda sen combustible pero a situación volverá pouco a pouco a normalidade. 

Levará tempo porque o desabastecemento e realmente notable, o goberno fala de que farán falta mínimo 48 horas para volver a normalidade. Remata unha folga que puxo en xaque ao pais ainda mais tendo en conta que estamos nun dos periodos do ano no que mais españois visitan portugal en coche. O ministro de infraestruturas saiu en rolda de prensa esta mañá para anunciar que os sindicatos dos transportistas de materiais perigosos chegaron a un acordo coa patronal coa mediación do goberno. Este paro remata no inicio do seu terceiro dia e deixa polo camiño ainda a estas horas mais de 3000 gasolineiras sen carburante e co estado portugués en alerta por crise enerxética. Unha alerta que se desactivará en breve. Aínda así se planean vir a Portugal dende logo xa poden vin máis tranquilos pero reposten fronteira por se acaso.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019