CRTVG

Buscar

A folga de Renfe complica a operación saída

Publicado o 31/07/2019 21:03

Primeira xornada de folga en Renfe. Os sindicatos cifran en mais do 85% o seguimento. Renfe redúcea ao 2,9%. Foi a primeira das catro xornadas de paro convocadas coincidindo cos días de maior afluencia de viaxeiros. Moitos descoñecíana, tal como comentaban varios ususarios na estación de Santiago de Compostela.

En Galicia canceláronse 25 trens, a maioría de longa distancia. Con esta folga, o sindicato convocante, a CXT, reclama mais contratacións. Aseguran que non se repoñen a maioría dos postos de traballo que quedan vacantes. Denuncian tamén o decreto de servizos mínimos por consideralo abusivo. O próximo paro está convocado para o día 14.

Noticias web

31/07/2019