CRTVG

Buscar

A folga de Renfe afecta 320 trens en España e cancela 62 en Galicia

Publicado o 15/07/2019 11:23

Folga de Renfe, con 320 trens afectados en toda España. O paro dura ata as 11 da noite.

Se van viaxar en tren, teñan en conta que esta medianoite comeza unha folga de Renfe. Renfe cancelou un total de 62 trens de ancho métrico, media e longa distancia con chegada ou saída desde Galicia.

Un paro que, só na comunidade galega, obriga a cancelar máis dunha vintena de traxectos. Todo o persoal da compañía está chamado a secundar esta folga en demanda dunha mellora salarial e un incremento do cadro de persoal.

Das liñas máis utilizadas en Galicia, cómpre destacar que se suprimen dúas viaxes por sentido entre A Coruña e Vigo e catro viaxes por sentido entre A Coruña e Ourense. Renfe ofrécelles aos viaxeiros dos trens que non estean garantidos polos servizos mínimos cambiar o billete para outro tren do mesmo luns, sempre que sexa posible, ou ben anulalo ou cambialo de data.

 

Noticias web

15/07/2019