CRTVG

Buscar

A Fiscalía vai investigar os incidentes do Orgullo denunciados por Ciudadanos

Publicado o 30/07/2019 10:57
A Fiscalía vai investigar os incidentes do Orgullo denunciados por Ciudadanos

A Fiscalía provincial de Madrid incoou dilixencias a raíz da denuncia presentada por Ciudadanos polos incidentes ocorridos durante a celebración do Orgullo 2019, na que o partido afirmou que foi obxecto de ameazas, inxurias e delitos de odio.

Ciudadanos presentou o pasado 20 de xullo a súa denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado, que a remitiu á Fiscalía de Madrid por ser a competente dos feitos rexistrados na capital.

O líder da formación laranxa, Albert Rivera, defendeu este paso ao subliñar que simpatizantes do seu partido foran obxecto de "agresións, insultos e vexacións" durante a manifestación celebrada en Madrid. 

Ciudadanos solicitou tamén a dimisión do ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska, ao considerar que alentou os apupos e increpacións que sufriron durante a marcha.

Albert Rivera felicitouse pola decisión da Fiscalía e volveu pedir o cese do ministro Marlaska.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí