CRTVG

Buscar

A Fiscalía solicita para Alberto Rodríguez seis meses de cárcere

Publicado o 11/05/2021 16:22
A Fiscalía solicita para Alberto Rodríguez seis meses de cárcere

A Fiscalía pide seis meses de cárcere e inhabilitación para o deputado de Unidas Podemos Alberto Rodríguez, por lesións a un policía.

Os feitos que investiga o Tribunal Supremo pola súa condición de aforado sucederon durante unha manifestación contra a chamada Lei Wert en Tenerife, en 2014, durante a que, supostamente, lle deu unha patada a un axente. A Fiscalía recolle no seu escrito un delito de atentado á autoridade e outro de lesións. Reclama ademais unha indemnización de 250 euros para o policía.






 

Noticias web

11/05/2021