CRTVG

Buscar

A Fiscalía solicita cinco anos de cárcere para Juana Rivas por subtracción de menores

Publicado o 12/01/2018 21:48

A Fiscalía de Granada pide cinco anos de cárcere para Juana Rivas por dous delitos de subtracción de menores. A muller, que se agochou durante un mes cos seus fillos o pasado verán para non entregarllos ao pai, xa respondeu contra a petición de cárcere e deixou claro que vai loitar ata o final. A Fiscalía tamén pediu que se lle retire o dereito á patria potestade durante 6 anos. A ex-parella de Juana está de acordo ca petición de cárcere, pero solicita unha maior inhabilitación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018