CRTVG

Buscar

A Fiscalía solicita 14 anos de cadea para un home acusado de abusar sexualmente dunha menor en Ourense

Publicado o 23/06/2021 11:57
A Fiscalía solicita 14 anos de cadea para un home acusado de abusar sexualmente dunha menor en Ourense

Agrediuna sexualmente en varias ocasións, facíao na súa propia casa ou nun descampado, sempre despois de ir buscala ás actividades extraescolares. É o que denuncia unha menor en Ourense. Hoxe xulgan o caso na Audiencia Provincial a porta pechada.

O acusado era a parella sentimental da nai da rapaza. Conta a agredida que nun principio ocultouno polas ameazas que sufría. O acusado mesmo a deixou embarazada e mesmo admitiu a paternidade do bebé. Agora asegura que segue acosándoa con quitarlle o seu fillo.

O fiscal solicita para o acusado 14 años de cadea.

Noticias web

23/06/2021