A fiscalía mantén a petición de 22 anos de cárcere para o ex-mestre por abusos a menores
Terceira e derradeira xornada do xuízo contra o ex-mestre do colexio Maristas-Sants de Barcelona Joaquín Benítez por abusar sexualmente de catro menores.
No seu alegato final, o fiscal criticou con dureza a orde relixiosa que xestiona o colexio, da que dixo ten unha enorme responsablidade civil, pero sobre todo moral, xa que se actuase cando debía, a maioría dos abusos non houberan ocorrido.
Despois de reprocharlles aos Maristas que non estivesen ao lado das vítimas, o fiscal solicitou 22 anos de cárcere e 14 de inhabilitación para o acusado por catro delitos de abusos a menores.
Solicita tamén unha indemnización de 90.000 euros para as vítimas, que deberá pagar o colexio.
Coas conclusións das acusacións particulares e da defensa, o xuízo quedou visto para sentenza.